Axenda de Eventos

Exposición
Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo
Do 27 febreiro ao 1 xuño | Café Moderno Afundación Pontevedra Pontevedra
Comeza:
27 febreiro | 19:00
Remata:
1 xuño | 20:30
Onde:
Café Moderno Afundación Pontevedra Pontevedra

Esta exposición amosa mulleres de distintas xeracións, nais e fillas, unhas fronte ás outras, para dar conta dos cambios alentadores que se deron na nosa sociedade en favor delas.

Cada parella representada aparece en tres fotografías: na primeira podemos ver ás nais que responden á imaxe tradicional da muller, en moitos casos ligada ao sector primario e con escasa formación académica, mais con moito traballo e oficio. Na segunda fotografía podemos ver ás fillas, mulleres que representan a xeración que se incorpora masivamente ao mundo do traballo empresarial e á sociedade desde unha posición enfrontada aos estereotipos tradicionais. E na terceira imaxe aparecen xuntas nai e filla, próximas e cómplices, sabias e satisfeitas do camiño percorrido.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde