Axenda de Eventos

Exposición
Fotógrafos da Natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year
Do 14 xaneiro ao 27 abril | Sede Afundación Lugo Lugo
Comeza:
14 xaneiro | 18:00
Remata:
27 abril | 21:00
Onde:
Sede Afundación Lugo Lugo

Descobre as máis impresionantes fotografías da natureza na exposición Fotógrafos da Natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year. Unha selección de 84 imaxes procedentes de 37 países de entre as 20.000 presentadas nesta edición. 

O concurso European Wildlife Photographer of the Year celebra o seu 24º aniversario, o que o converte nun referente da fotografía da natureza deste continente tanto na súa vertente profesional como amateur. 

A fotografía gañadora desta edición,do noruegués Audun Rikardsen, mostra a unha  orca emerxendo á superficie para respirar nunha mañá fría e escura. A imaxe lembra a necesidade de mellorar a protección dos hábitats mariños e reducir os efectos da pesca descontrolada, a cantidade de contaminantes nos océanos ou a problemática do cambio climático. Xunto a esta hai outras 83 instantáneas clasificadas en 9 seccións: aves, mamíferos, outros animais, eloxio das plantas, paisaxes, o mundo submarino, o home e a natureza, forma e composición e novos fotógrafos.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde