Axenda de Eventos

Exposición
Chicas nuevas 24 horas
Do 19 novembro ao 5 decembro | Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela
Comeza:
19 novembro | 10:00
Remata:
5 decembro | 20:00
Onde:
Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

Con motivo do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, a Cidade da Cultura pon en marcha este mes de novembro unha serie de actividades ao redor da exposición Chicas nuevas 24 horas, iniciativa desenvolvida a partir do documental do mesmo título que busca sensibilizar á cidadanía para a prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual.

Ademais da exposición, que estará aberta ao público do 19 de novembro ao 5 de decembro de 2021 no Museo Centro Gaiás, as actividades inclúen a proxección do filme, visitas didácticas para o alumnado de secundaria e bacharelato e un acto institucional de presentación o propio 25 novembro, no que participará a directora do documental, Mabel Lozano.

Chicas nuevas 24 horas naceu como un documental escrito e dirixido pola activista e cineasta social Mabel Lozano para denunciar a compravenda de mulleres e nenas para a súa explotación sexual. Rodado en España, Arxentina, Colombia e Perú, o filme estivo nomeado aos Premios Goya e aos Premios Platino como mellor longametraxe iberoamericana. Ademais de proxectarse en numerosos festivais internacionais, o documental viuse xa en máis de 50 universidade de todo o mundo e 100 institutos de España.

Tipo de evento: Exposición