Axenda de Eventos

Exposición
Castillo, escultor
Do 21 outubro ao 20 febreiro | Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela
Comeza:
21 outubro | 10:00
Remata:
20 febreiro | 20:00
Onde:
Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

A exposición Castillo, escultor mergúllase na arte de Jorge Castillo Casalderrey (Pontevedra, 1933) para pór en valor a obra escultórica deste autor galego de relevancia e traxectoria internacional. Malia ser a súa faceta creativa máis descoñecida, a escultura de Jorge Castillo comparte a grandeza da súa obra pictórica e permítenos afondar no seu proceso artístico. Nela están presentes aspectos basilares no conxunto da obra do artista, como a atención á natureza humana, á metafísica do ser, como obxecto primordial de estudo.

Trátase dunha oportunidade única para coñecer a escultura de Jorge Castillo, pois é a primeira exposición centrada integramente nesta faceta artística, e que percorre de xeito retrospectivo toda a traxectoria do autor. Mediante a escultura, o creador inventa novas formas coas que explicar o desasosego e neste desenvolvemento mantén un diálogo constante coas outras disciplinas –como a pintura e o debuxo– e vai tecendo unha obra poliédrica que muda canda o autor e que, seguindo coa súa filosofía artística, mantén unha conexión constante co pasado e sérvelle de continuidade.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Inscrición previa  |  Entrada de balde