Ordenar por:
  • Oferta válida ata o 31/12/2021

    Visita guiada

    Goza da Nosa Experiencia Cervexeira con total seguridade.

    Visita as instalacións acompañado dun guía e en grupos reducidos.

    Ofrecémosche material sanitario para asegurar o teu benestar, así como unha pulseira personalizada para mellorar a túa visita.

    A visita guiada con tiraxe inclúe:

    Kit de experiencias para descubrir os segredos de Cultura de Cervexa que contén: unha mochila, un set de materias primas, un punteiro táctil, unha copa Atlántica Estrella Galicia e un pousavasos.
    Dúas consumicións: Tira a túa propia cervexa de billa (33 cl) e ademais, goza dun set de degustación de cinco cervexas (12 cl).
    A visita guiada sen tiraxe inclúe:

    Minikit de experiencias que contén: un set de materias primas e un punteiro táctil.
    Unha consumición: un set de degustación de cinco cervexas (12 cl) ou unha cervexa de billa da túa preferencia.

  • Oferta válida ata o 31/01/2022

    Tarifas especiais para EQUIPOS DEPORTIVOS

    Consulte nosas tarifas e condicións especiais para os equipos deportivos!
  • Oferta válida ata o 03/01/2022

    Déixate conquistar... Por terras gauda

    Déixatee conquistar... polo territorio, os viñedos, a nosa adega e por suposto, polos nosos viños.
    Esta visita realízase de luns a domingo en diferentes horarios. Comeza cunha introdución a pé de viñedo, continúa realizando un percorrido pola adega para coñecer o proceso de elaboración dos brancos e por último, chega o momento da degustación con Abadía de San Campio e Terras Gauda.
  • Oferta válida ata o 31/12/2021

    Fin de semana en A Casa da Torre Branca - Santiago de Compostela

    Desfruta dunha fin de semana de desconexión en Santiago de Compostela

    Poderás combinar a naturaleza da nosa contorna e a oferta gastronómica e cultural da capital de Galicia.

    OFERTA FIN DE SEMANA*: Aloxamento e almorzo para 2 persoas (noites de venres e sábado):: 120 €

    **Oferta válida todo o ano excepto xullo e agosto según dispoñibilidade do aloxamento..

  • Oferta válida ata o 30/12/2021

    Escapada & Degustacion na Costa da Morte

    Despois de descubrir todalas marabillas que A Costa da Morte ofrece, que mellor que poder degustar a gran calidade da súa gastronomía. Seleccionamos as receitas máis especiais.

    O paquete inclúe:

    • Aloxamento e almorzo
    • 1 cea degustacion unha das noites co noso menú Sabor a Mar
    • Detalle de benvida
    • Saida tardía ata as 13:30 (suxeita a dispoñibilidade)

    Menú de sabor a mar

    • Navallas de Finisterre con aceite cítrico
    • Ameixas á mariñeira
    • Arroz Con Polbo
    • Sobremesa caseira
    • Viños do Ribeiro, cervexa e auga
    • Café ou infusión 
    • Chupito de oruxo

  • Oferta válida ata o 24/12/2021

    Fin de semana Tui. Vive como un local!

    Ven a vivir coma se foses un local máis!

    No corazón da cidade histórica de Tui poderás gozar do noso hostal con encanto e a experiencia da vida tranquila nunha das cidades máis slow de Galicia.

    Sal a camiñar polas nosas sendas preto do río Miño, goza das nosas vistas privilexiadas sobre o río Miño e Portugal, compra nos nosos mercados locais ou saborea os pratos típicos da nosa zona.

    Sen horarios, ven a camiñar pola cidade medieval de Tui, por rúas empedradas, coa nosa catedral, igrexas de barroco portugués, casas blasonadas e xuderías.

    Sen rumbo, ve con calma e descobre como uns explorador lugares descoñecidos ou sobe ao Monte Aloia a gozar dunha xornada de sendeirismo.

    2 noites en habitación con baño privado e almorzo 125 euros