Albergue de Santa Irene, Camiño Francés
A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia
Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia
Toma como modelo a propia rede de hospitais medievais e hoxe alcanza 69 centros e máis de 3.000 prazas públicas. Hoxe en día, os albergues realizan unha importante labor como dinamizadores da vida local, á vez que contribúen á recuperación do patrimonio histórico.

A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia, xestionados pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, naceu en 1993 e alcanza hoxe 69 centros e máis de 3.000 prazas. Toman como modelo a propia rede de hospitais medievais que, dependentes das ordes monásticas, militares, ou de iniciativa episcopal ou monárquica, atendían, desde os primeiros tempos, as necesidades básicas dos peregrinos.
A acollida ao peregrino é precisamente una das características fundacionais do Camiño de Santiago
Non podemos esquecer que a acollida ao peregrino é precisamente unha das características fundacionais do Camiño de Santiago, que actualiza e renova ese espírito de solidariedade que tradicionalmente imperou en Galicia.
Os albergues da rede pública están dotados de dormitorios, aseos, cociña, sala de estar e lavadoiros, e contan tamén con instalacións adaptadas.
Ocupación e uso dos albergues públicos
As prazas ocuparanse ao chegaren os peregrinos e terán prioridade os que teñan limitacións físicas e os que realicen a ruta a pé.

A orde de prioridade para a ocupación dos albergues será a que se establece a continuación: os peregrinos con limitacións físicas, os peregrinos a pé, os peregrinos a cabalo, os peregrinos en bicicleta e, finalmente, as persoas que viaxen en coches de apoio.
A utilización do albergue para pasar a noite e/ou o uso de calquera dos seus servizos e instalacións implicará o pago de 6€ por persoa e día
As prazas ocuparanse ao chegaren os peregrinos aos albergues, sen que en ningún caso se admita a posibilidade de realizar reservas.
A utilización do albergue para pasar a noite e/ou o uso de calquera dos seus servizos e instalacións implicará o pago de 6 € por persoa e día, que se xustificará co bono e que será entregado polo responsable do albergue no momento do pago.
Horarios, servizos e normas de comportamento
Abren de 13 a 22 h. e a estancia máxima será dunha soa noite. Contan con auga quente e con roupa de cama desbotable.

A estancia en cada albergue será dunha soa noite, salvo en caso de enfermidade ou outra causa de forza maior. As portas ábrense ás 13 h. e péchanse ás 22.00 h. Para respectar o descanso, as luces apagaranse ás 22.30 h., con excepción das zonas comúns. Os albergues deberán abandonarse antes das 8 h. da mañá seguinte.
Os albergues deberán abandonarse antes das 8 h e hai que deixar o espazo limpo e ordenado
Os usuarios deberán coidar as instalacións e deixalas ordenadas e aseadas. Deberán recoller e depositar o lixo nos colectores correspondentes. Non se poderá malgastar nin a auga nin a luz. Para secar a roupa utilizaranse exclusivamente os tendais.
As liteiras contan con roupa de cama desbotable. Está permitido o uso da cociña (non conta con enxoval) e as duchas teñen auga quente.
O incumprimento das normas por parte dos usuarios, así como calquera outra conduta susceptible de ser considerada como perturbadora do bo funcionamento dos albergues, facultará os responsables da rede para obrigar os infractores a abandonalos, sen prexuízo da existencia de responsabilidades, incluída a prohibición do uso de calquera outro albergue da rede.
O albergue non se fai responsable das pertenzas dos peregrinos, tanto no interior coma no exterior.
Onde están
Relación da Rede pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia ,con localización, contacto, características e imaxes de cada un.