En 2013, a Xunta de Galicia creou a figura do Embaixador de Honra do Camiño de Santiago
Embaixadores de Honra do Camiño de Santiago
A figura do Embaixador de Honra
Unha distinción outorgada pola Xunta de Galicia que distingue o labor de persoas ou institucións en defensa do Camiño e dos seus valores.
En 2013, a Xunta de Galicia creou a figura do Embaixador de Honra do Camiño de Santiago. Con esta iniciativa, o Goberno galego distingue, desde o 2014, o labor das persoas físicas ou xurídicas que contribuíron de maneira especial ao coñecemento e á divulgación do Camiño, así como da cultura e dos valores xacobeos.
Existen dúas categorías de Embaixador de Honra do Camiño, ambas con carácter vitalicio e exclusivamente honorífico: a categoría a título persoal e a categoría de carácter institucional
Existen dúas categorías de Embaixador de Honra do Camiño, ambas con carácter vitalicio e exclusivamente honorífico: a categoría a título persoal e a categoría de carácter institucional.
A presentación de propostas de candidatos para o título poderá realizarse ao longo de todo o ano. E os embaixadores comprometeranse a colaborar na programación cultural anual da Xunta de Galicia con, polo menos, unha acción ou actividade para divulgar os valores humanos e sociais, culturais e espirituais do Camiño.
Así mesmo, poderán concederse como máximo oito títulos de embaixador vitalicio en cada categoría, correspondentes ao número das oito rutas históricas do Camiño de Santiago.
A entrega das distincións levarase a cabo no mes de outubro de cada ano e coincidirá co día en que o Camiño foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa en 1987.
Quen e cantos son os Embaixadores de Honra do Camiño
Ata 2019 son cinco os distinguidos: o rei de España, Filipe VI; o ex adestrador da selección española de fútbol, Vicente del Bosque; o ex presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy; o rei de España, Xoán Carlos I; e o Consello de Europa.
A Xunta de Galicia recoñeceu, ata 2019, a cinco Embaixadores de Honra do Camiño de Santiago: o primeiro deles foi o actual rei de España, Filipe VI, nomeado cando era príncipe de Asturias; ademais foron recoñecidos con este honor o ex adestrador da selección española de fútbol, Vicente del Bosque González; o ex presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy Brey; o rei de España, Xoán Carlos I; e, por último, o Consello de Europa.
A concesión é de carácter vitalicio e recoñece a contribución ao coñecemento e á divulgación do Camiño de Santiago no mundo
En todos eles, o Goberno galego recoñeceu a súa especial contribución ao coñecemento e divulgación do Camiño de Santiago en todo o mundo.