Actas do Congreso "O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño do Sueste-Vía da Prata"

Na cidade de Ourense, o grande espazo do Camiño do Sueste, celebrouse do 24 ao 26 de abril de 2008 o congreso "O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño do Sueste-Vía da Prata".

O encontro situou en primeiro plano as inquietudes e iniciativas dos territorios deste longo camiño, que ten na Vía da Prata o máis antigo e coñecido itinerario interior de comunicación entre o suroeste e o noroeste da Península. Desde Zamora e o nordeste portugués varios ramais relacionan esta vía con Galicia a través da ruta de peregrinación do Camiño do Sueste.