Cultura e Turismo edita o segundo número de Ad Limina, a revista de investigación do Camiño de Santiago e as peregrinacións
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, vén de editar o segundo número de Ad Limina, a revista de investigación do Camiño de Santiago e as peregrinacións. Esta publicación, que naceu con motivo da celebración do Xacobeo 2010, ten como obxectivo fomentar a investigación xacobea no maior número de áreas posibles e abrir novas vías para a definición de liñas de estudo non abordadas ata o momento.
Ad Limina é unha publicación científica plurilingüe aberta aos estudos do Camiño de Santiago e, por extensión, a todo o fenómeno das peregrinacións. A revista posúe unha clara vocación interdisciplinar e internacional que lle permite dirixirse a un amplo espectro de investigadores de calquera nacionalidade e naceu co firme empeño de asegurar o futuro das investigacións xacobeas.
A revista editada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo celebra o seu primeiro ano convertida na publicación de intercambio de bibliotecas da Consellería de Cultura e Turismo como a Biblioteca de Galicia e a biblioteca do Museo dás Peregrinacións e de Santiago. Ad Limina naceu no marco das celebracións do Xacobeo 2010 como unha revista aberta aos estudos do Camiño de Santiago e das peregrinacións.
No seu segundo número ofrece artigos en alemán, castelán, francés, galego, italiano e portugués que recollen investigacións sobre itinerarios xacobeos no norte de Galicia e Cataluña, as relacións entre Francia e os seus santuarios de peregrinación coa Compostela de Xelmírez, as tradicións e o culto xacobeo en Portugal ou as peregrinacións penitenciais medievais a Compostela, entre outros temas.
Otras noticias
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
El circuito de la Xunta Cultura no Camiño llegará este verano la 90 ayuntamientos de las rutas jacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina más de 300.00 euros a acciones promovidas por asociaciones de amigos del Camino
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia invierte más de medio millón de euros en la mejora de la seguridad de la Vía de la Plata