Mon Jan 05 09:23:00 CET 2015

Segundo Pérez López, Simon Barton e María José Azevedo, novos membros do Comité Internacional de Expertos no Camiño

Turismo de Galicia nombra a Segundo Pérez López, Simon Barton e María José Azevedo como novos membros do Comité Internacional de Expertos no Camiño de Santiago, do que xunto a estes tres expertos figuran Paolo Caucci (presidente), Manuel Castiñeiras, Klaus Herbers, Fernando López Alsina, Robert Plotz e Adeline Rucquoi.

O Comité Internacional de Expertos no Camiño de Santiago naceu no ano 1992 como órgano asesor para a celebración do Ano Santo Compostelán de 1993 e o seu criterio fundamental foi o contar cos investigadores máis coñecidos internacionalmente no ámbito dos estudos xacobeos e aos máis estreitamente ligados ao fenómeno das peregrinacións a Compostela e das asociacións de peregrinos.

A función principal deste Comité é a de asesorar á Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, nos temas relacionados co Camiño de Santiago e os seus itinerarios, publicacións, centros de estudos, congresos, exposicións e outros eventos.

Novos membros

Segundo Pérez López é na actualidade o deán da SAMI Catedral de Santiago de Compostela. É profesor do Centro Agregado Teolóxico de Santiago de Compostela, dependente da Universidade Pontificia de Salamanca.
Segundo Pérez López é licenciado en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutor en Teoloxía pola mesma Universidade, e entre outros cargos desempeñou o de reitor do Seminario Mayor de Mondoñedo-Ferrol.

Simón Barton é profesor na Universidade británica de Exeter, dentro do Departamento de Historia. O profesor Barton é un experto en historia medieval española e conta no seu curriculum con numerosas publicacións especializadas nesta materia.

María José Azevedo Santos é doutora en Historia da Idade Media pola Universidade de Coimbra, catedrática na Facultade de Letras e directora do Arquivo deste centro de estudos portugués.
María José Azevedo ven dedicando boa parte do seu labor investigador e maxisterio á paleografía, á diplomática e á codicoloxía medievais latina e portuguesa, áreas sobre as que impartiu conferencias e seminarios en prestixiosas universidades e institucións científicas europeas. Tamén é autora de numerosas publicacións especializadas.

Altre notizie

  • Mon Sep 24 01:00:00 CEST 2018