Comezaremos con paseos curtos e por terreos chairos e, progresivamente, iremos aumentando quilómetros e variando o tipo de terreo para adaptar o noso corpo ao que vaiamos atopar no Camiño

Cando se seleccione o calzado, hai que ter en conta que este ha de ter unha sola dura e que a calcañeira non deberá ser demasiado branda, xa que isto favorecería a aparición de lesións

Para conseguir comodidade debe colocarse de maneira que o seu peso vaia próximo ao eixe do corpo e ao seu centro de gravidade. E tamén se ha de ter en conta, para a súa colocación, o terreo polo que se transite.

Estirar os xemelgos é unha das prácticas máis recomendables antes de comezar e de rematar cada etapa

Un elemento de grande importancia á hora de evitar danos é o emprego dun bordón (pau ou vara) que nos servirá de axuda para suxeitarnos en terreos dificultosos e mesmo para tentear a estabilidade do camiño. O apoio no bordón pode evitar a aparición de tendinites.

As vendaxes compresivas colocaranse se se produciron pequenas roturas de fibras e, nestes casos, hai que consultar sempre cun médico e cun fisioterapeuta para que valoren as posibilidades de encarar o resto do Camiño.

Para minimizar o risco de lesionar o tendón de Aquiles, na preparación ou adestramento previo para facer o Camiño non se debe esquecer realizar exercicios que favorezan a estirada deste tendón, cun aumento progresivo da intensidade

Ao principio, rodarase por terreos chairos sen dificultades e, a medida que se avance na preparación, introduciranse percorridos que alternen partes chairas con subidas