Vía da Prata

Etapa: Verín - Xinzo de Limia (por Verín)

  • Lonxitude 36,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 8h 15min

Pasamos polo val que baña o río Albarellos, decorado na primavera por grandes extensións ámbar de toxos, xestas e mimosas.

Nesta etapa podemos escoller se desexamos seguir ata Xinzo ou tomar a outra variante do camiño por Laza.

Verín- Albarellos

  • Lonxitude 6,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 40min

Deixamos atrás Monterrei e na bifurcación do castelo tomamos o camiño da esquerda, entre viñedos, piñeiros e xesta, e continuamos a ruta ata a localidade de Albarellos.

Albarellos- Rebordondo

  • Lonxitude 7,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 50min

Infesta está a uns 4 km, no municipio de Monterrei. Pasamos polo val que baña o río Albarellos, decorado na primavera por grandes extensións ámbar de toxos, xestas e mimosas. Seguimos ata Rebordondo, coa súa arquitectura tradicional, de casas grandes e de cantería, e Pena Verde, outra xenuína aldea. Agora a paisaxe debúxase en cinco outeiros cónicos que se alzan por encima dos 800 m.

 

 

Albarellos - Rebordondo