Vía da Prata

Etapa: Verín-Laza

  • Lonxitude 17,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 50min

Etapa ponte que conecta Laza e Verín, os dous itinerarios posibles que nos levarán a Ourense. Aquí a percorremos e describimos, e comezaremos en Verín, en cuxas inmediacións se alza o castelo de Monterrei.

Verín- Estevesiños

  • Lonxitude 4,7 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 50min

Verín é a capital municipal dun fermoso val na conca alta do río Támega. É a vila máis importante do sur da provincia de Ourense e posúe unha notable riqueza monumental. Xunto ao castelo de Monterrei, configura unha grande encrucillada de camiños xacobeos, ben procedentes da Vía da Prata, ou ben desde Portugal, que entran en Galicia por Soutochao e Feces de Abaixo.

A dous quilómetros de Verín álzase o castelo de Monterrei, un magnífico conxunto monumental con triplo recinto amurallado. O camiño pasa polas súas inmediacións. O castelo aséntase sobre o antigo castro de Verín e de Baronceli, no que se atoparon restos prerromanos e no que parece que existiu un recinto castrexo.