Vía da Prata

Etapa: Ourense - Cea

  • Lonxitude 22,8 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 4h 55min

ponte romana de Ourense é un magnífico inicio de etapa. Desde aquí, hai dúas posibilidades de saída da cidade, unha pola Costiña de Canedo e outra por Cudeiro.

Ourense- Tamallancos

  • Lonxitude 12,7 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 2h 30min

A primeira —Costiña de Canedo— segue a dirección do río Miño pola súa marxe dereita (estrada N-120) e continúa ata Quintela, Liñares, Cimadevila, Mandrás e Pulledo.

A segunda ascende ata a aldea de Cudeiro, nun fermoso alto, con boas vistas, e con tramos de Camiño Real que manteñen un xenuíno e antigo empedrado. Axiña alcanzamos Sartédigos, con tramos de asfalto e casas diseminadas, e Tamallancos (municipio de Vilamarín). No lugar de Sobreira hai un desvío que conduce ao pazo-castelo de Vilamarín.

Tamallancos- A Casanova

  • Lonxitude 8,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 05min

En Ponte Sobreira cruzamos o río Barbantiño por unha preciosa e histórica ponte de pedra e entramos en Faramontaos, xa no municipio de Cea, Biduedo e A Casanova, onde ambos os itinerarios se unen, sempre ao pé da N-525.

Na Casanova recíbenos un decorado con fonte, bordón e cabaza.

Tamallancos - A Casanova