Vía da Prata

Etapa: A Canda - A Gudiña

  • Lonxitude 26,5 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 5h 20min

A Vía da Prata entra na provincia de Ourense polo porto denominado Portela da Canda, no municipio da Mezquita.

A Canda - A Vilavella

  • Lonxitude 13,5 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 2h 40min

Vía da Prata entra na provincia de Ourense polo porto denominado Portela da Canda (1.262 m), no municipio da Mezquita. Este concello é un histórico nexo entre as xentes de Castela, Galicia e Portugal. Terra de paso de peregrinos, pero tamén de segadores, e de arrieiros, tratantes e viaxeiros chegados aquí polos máis diversos motivos.

O Camiño continúa ata o lugar da Canda e chega despois á Vilavella, cuxa igrexa está dedicada a santa María da Cabeza.

A Vilavella - O Pereiro

  • Lonxitude 3,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 45min

No descenso pasaremos por unha ponte sobre o regato da Veiga do Pontón, e por vellos camiños empedrados, acubillados por centenarios valados ou muros de pedra. Chegaremos ata O Pereiro, topónimo que lles dá nome a un río e a unha localidade.

Estamos en zona de grandes canteiros, arte expresada na xenuína arquitectura popular e relixiosa. Máis adiante entramos no Canizo, parroquia do concello da Gudiña, que atravesamos para saírmos ata a N-525 e chegar ao alto do Canizo (1.067 m).

A Vilavella - O Pereiro