Vía da Prata

Etapa: Allariz - Ourense (por Verín)

  • Lonxitude 22,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 10min

Entre Allariz e a cidade de Ourense, o peregrino cruza pequenas aldeas con casas de extraordinaria cantería e beleza, aínda que moitas delas están abandonadas.

Allariz- Santa Mariña de Augas Santas

  • Lonxitude 7,6 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 1h 25min

Despois de Allariz, o peregrino continúa ata A Frieira, cruza a parroquia de Santiago de Folgoso e pasa por Roiriz de Abaixo, Roiriz de Arriba, Rubiás, Espiñeiros, Turzas e A Vila. Pequenas aldeas de extraordinaria cantería nas súas casas, aínda que moitas delas están abandonadas.

Allariz - Santa Mariña de Augas Santas

Santa Mariña de Augas Santas- Pereiras

  • Lonxitude 3,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 00min

Entramos na área de Santa Mariña de Augas Santas, interesante conxunto relixioso, etnográfico e arqueolóxico, e popular santuario. Santa Mariña foi unha mártir da época romana cunha vida na que se mestura a lenda, a tradición e a haxiografía, e un culto antiquísimo que chegou ata hoxe. O itinerario continúa polo municipio de Taboadela, cruza a parroquia de Santiago da Rabeda e segue ata Pereiras.

Santa Mariña de Augas Santas - Pereiras