Vía da Prata

Etapa: A Gudiña - Verín

  • Lonxitude 41,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 8h 10min

Na Gudiña, a Vía da Prata ten, como vimos, dous itinerarios: a Verea Sur, que comunica con Laza-Vilar de Barrio-Ourense, ou o denominado Itinerario de Monterrei, que nos leva por Verín, Xinzo de Limia e Allariz, ata confluír ambos na cidade de Ourense.

A Gudiña- As Vendas da Barreira

  • Lonxitude 19,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 3h 50min

Na Gudiña, a Vía da Prata ten, como vimos, dous itinerarios: a Verea Sur, que comunica con Laza-Vilar de Barrio-Ourense, ou o denominado Itinerario de Monterrei, que nos leva por Verín, Xinzo de Limia e Allariz, ata confluír ambos na cidade de Ourense.

Esta ruta diríxese, en primeiro lugar, á parroquia de San Mamede de Pentes. Continúa cara ao Mente e O Navallo, no municipio de Riós, e chega á localidade das Vendas da Barreira. É un tramo de contrastes na paisaxe: pequenos vales fértiles nutridos polo río Mente combínanse con contornas abatidas e de grandes panorámicas. Transitamos sempre preto da estrada N-525 e da A-52 (Autovía das Rías Baixas).

A Gudiña - As Vendas da Barreira

As Vendas da Barreira- Verín

  • Lonxitude 21,7 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 4h 20min

Unha preciosa carballeira recíbenos á saída das Vendas da Barreira. Ímonos afastando das vías principais e pasamos por pequenas aldeas coma Trasestrada ou San Pedro de Trasverea. Entre elas atópase a localidade de Sarreaus, onde o camiño recibe o curioso nome de Camiño da Misa.

Prados bordeados por soutos e carballeiras lévannos ata Mirós. Subimos cara a Fumaces, aldea antiga ao abrigo da serra, e achegámonos xa a Verín. Asoma a cada pouco na paisaxe a silueta do magno castelo de Monterrei.

As Vendas da Barreira - Verín