Camiño Primitivo

Etapa: Paradavella-Castroverde

  • Lonxitude 20,4 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 3h 40min

Nesta etapa os tramos de bosque frondoso combínanse con outros menos recollidos. Tamén cómpre salientar o patrimonio artístico: o retablo barroco da igrexa Santa María de Vilabade, a torre medieval de Castroverde, etc.

Paradavella- A Degolada

  • Lonxitude 1,9 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 20min

Desde Paradavella, continuamos cara ao Cádavo. Os tramos de bosque frondoso combínanse con outros menos recollidos, ao pé da estrada comarcal C-630. Pasamos polo núcleo da Calzada e, xa no municipio de Baleira, pola Degolada.

Paradavella - A Degolada

A Degolada- A Lastra

  • Lonxitude 3,1 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 35min

Chegamos á localidade do Cádavo (710 m), capital do municipio de Baleira e segunda poboación relevante, despois da Fonsagrada, no Camiño Primitivo galego. A ruta continúa en subida ata A Lastra.