Camiño Primitivo

Etapa: Lugo-San Romao da Retorta

  • Lonxitude 18,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 3h 45min

Aquí optaremos, ou ben por seguir recto camiño arriba (zona das Areeiras), ou ben á dereita, paralelos ao río e ás instalacións deportivas do club fluvial, e á capela e ao barrio de San Lázaro.

Lugo- San Vicente do Burgo

  • Lonxitude 9,9 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 2h 00min

Estamos nunha etapa curta, de 14 km. Sáese de Lugo pola porta Miñá ou porta do Carme, a máis antiga e xenuína da Muralla. Seguiremos camiño abaixo, polo trazado dunha oculta calzada romana, ata cruzar o río Miño, tamén a través dunha ponte de orixe romana. Chegamos ao barrio da Ponte. Aquí optaremos, ou ben por seguir recto camiño arriba —zona das Areeiras—, ou ben á dereita, paralelos ao río e ás instalacións deportivas do club fluvial e á capela e barrio de San Lázaro. As dúas alternativas únense a uns 3 km.

Paga a pena desviarse da ruta para visitar o enigmático templo de Santalla de Bóveda, de época tardorromana (século IV), declarado Monumento Nacional en 1931. Por diante do templo pasa a Via Romana XIX, que comunicaba Bracara Augusta (Braga) con Lucus Augusti (Lugo) a través de Iria Flavia (Padrón). De regreso ao camiño, alcanzamos o lugar de Bacurín, onde se alza a igrexa románica de San Miguel e a aldea do Francés (tamén coñecida como Hospital).

Lugo - San Vicente do Burgo

San Vicente do Burgo- San Romao da Retorta

  • Lonxitude 8,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 45min

Afastándonos da cidade, alcanzamos San Vicente do Burgo, onde houbo un hospital de peregrinos. Este tramo da etapa ofrécenos interesantes panorámicas da cidade, que vai quedando detrás. O camiño continúa a través de San Pedro de Mera e Guntín, ata chegar a San Romao da Retorta (municipio de Guntín), a fin desta etapa.

San Vicente do Burgo - San Romao da Retorta