Camiño Primitivo

Etapa: Arzúa - Arca (O Pino)

  • Lonxitude 18,4 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 4h 35min

Neste tramo, o Camiño intérnase de novo entre prados, carballos e eucaliptos que rodean pequenas aldeas, algunhas con topónimos de resonancia xacobea: A Calzada, A Calle, Ferreiros, A Salceda, A Brea, Santa Irene e a Rúa, esta xa ás portas de Arca, capital do municipio do Pino, o último antes de Santiago.

Arzúa - A Salceda

  • Lonxitude 11,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 45min

Saímos da vila de Arzúa pola rúa do Carme. Nesta etapa alternaremos a paisaxe de bosques e prados (carballos, eucaliptos, árbores froiteiras e campos de labranza) con tramos polo asfalto da estrada nacional 547.

Convén prestarlles unha especial atención aos vehículos, pois teremos que cruzar varias veces pola calzada.

Cruzamos o río Raído e logo varias aldeas —Cortobe, As Pereiriñas, A Taberna—, algunhas con resonancia xacobea como A Calzada, A Rúa, Ferreiros (de novo a referencia ao vello oficio dos que, entre outras funcións, arranxaban as ferraduras dos cabalos) ou A Salceda.

A Salceda- Santa Irene

  • Lonxitude 5,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 20min

Desde A Salceda partimos en dirección a Santa Irene, onde hai albergue de peregrinos. Este tramo continúa, do mesmo xeito ca toda esta etapa, practicamente chairo.