Camiño Primitivo

Etapa: Alto do Acevo-Paradavella

  • Lonxitude 25,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 5h 10min

Un lugar fermoso, de neves nas estacións duras e de exuberante vexetación con marcados contrastes durante os meses benignos. Fonfría e o seu manancial de auga fresca acóllennos ao comezo.

Alto do Acevo- Fonfría

  • Lonxitude 5 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 00min

O Camiño Primitivo entra en Galicia polo porto de montaña do Acevo (1.030 m). Un fermoso lugar, de neves nas estacións duras e de exuberante vexetación con marcados contrastes durante os meses benignos. Desde aquí quedan 171 km a Santiago. Fonfría e o seu manancial de auga fresca acóllennos ao comezo.

Alto do Acevo - Fonfría

Fonfría- Paradanova

  • Lonxitude 5,7 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 10min

Neste lugar funcionou un importante hospital de peregrinos pertencente á encomenda de San Xoán de Paradanova que aínda estaba operativo nos albores do século XX. Pasamos por Barbeitos e logo Paradanova, onde a ruta ofrece dúas alternativas: unha por San Xoán do Padrón e outra pola Proba de Burón.