Camiño Portugués

Etapa: Pontevedra-Caldas de Reis

  • Lonxitude 22,8 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 40min

A partir de aquí é preciso reparar na sinalización, pois son continuados os cruzamentos e as voltas do Camiño coa estrada N-550, sempre presente, e a nova vía férrea da alta velocidade, que tanto alterou a paisaxe.

Pontevedra- Santa María de Alba

  • Lonxitude 5,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 20min

O Camiño sae de Pontevedra pola rúa da Santiña, tras cruzar o río Lérez pola ponte do Burgo. Bordeamos a extensa marisma da Xunqueira de Alba. A ruta pasa entre a vía do tren e o río Granda. Ascendemos ata o lugar de Pontecabras e a igrexa e reitoral de Santa María de Alba. En Guxilde fixo un alto o arcebispo de Santiago Diego Xelmírez no seu camiño de Braga a Compostela.

Pontevedra - Santa María de Alba

Santa María de Alba- A Cancela

  • Lonxitude 6,3 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 35min

Pasada a capela de San Caetano espérannos os frondosos bosques de Reirís e Lombo da Maceira. Entramos no municipio de Barro a través dunha pequena ponte de pedra que cruza o regato chamado O Rego do Cárcere. Desde San Mauro, continuamos por San Mamede da Portela.

Santa María de Alba - A Cancela