Camiño Portugués da Costa

Etapa: Redondela-Pontevedra

  • Lonxitude 18,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 4h 30min

No centro da ría de Vigo emerxen as illas de San Simón e de Santo Antón e, baixo as súas augas, xacen os restos dos galeóns da batalla de Rande (1702).

Redondela- Arcade

  • Lonxitude 7,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 45min

Á saída de Redondela atópase a capela das Angustias. Entramos na parroquia de Cesantes. Á nosa esquerda, ao oeste, a impresionante ría de Vigo. No centro da ría emerxen as illas de San Simón e de Santo Antón e, baixo as súas augas, xacen os restos dos galeóns da batalla de Rande (1702). Ao fondo, pecha a panorámica, entre bateas (cultivos de mexillón), a ponte colgante de Rande. Entramos na parroquia do Viso e chegamos ata Arcade (municipio de Soutomaior), cuxo centro urbano atravesaremos polas rúas de Portas, Lavandeira, Cimadevila, Veleiro, Barroncas…, ata chegar á histórica ponte medieval de Ponte Sampaio, sobre o río Verdugo.

Arcade- Bergunde

  • Lonxitude 4,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 15min

Cando chegamos ao medio da ponte comeza o municipio de Pontevedra. Percorremos a vila de Ponte Sampaio e continuamos por antigos e evocadores camiños empedrados, con tramos da propia Vía XIX, como a subida pola Brea Vella da Canicouva.