Camiño Portugués da Costa

Etapa: Oia-Baiona

  • Lonxitude 18,7 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 3h 45min

Deixamos atrás a vila mariñeira de Oia e continuamos camiño ao pé dos cantís. O noso destino é Baiona, vila medieval estreitamente vinculada ao descubrimento de América.

Oia- Silleiro

  • Lonxitude 14 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 2h 50min

Deixamos atrás a vila mariñeira de Oia e continuamos camiño ao pé dos cantís. Pasamos polas inmediacións do faro de cabo Silleiro (faro inaugurado en 1866), extremo sur da ría de Vigo e punto principal de orientación dos navíos que sucan esta augas.

Silleiro- Baiona

  • Lonxitude 4,7 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 55min

A continuación, ascendemos ata Baredo pola vella verea real e uns quilómetros despois chegamos ao castelo de Monte Real, hoxe Parador Nacional de Turismo de Baiona. Os seus fortes muros defensivos resistiron o ataque do corsario inglés Francis Drake, que desembarcou aquí no ano 1585. Na actualidade, pódese rodear o castelo por un cativador carreiro que transcorre á beira do mar.

E tras o castelo, Baiona. O 1 de marzo de 1493, Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia do descubrimento de América, pois a ela chegou a carabela A Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón. Esta vila mantén hoxe todo o esplendor do seu histórico pasado.

En Baiona comeza a ría de Vigo, protexida polas Illas Cíes, que son o corazón do Parque Nacional Illas Atlánticas, visitables en barco desde aquí.