Camiño Portugués da Costa

Etapa: A Guarda-Oia

  • Lonxitude 16,7 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 2h 05min

Encamiñámonos a Oia ao longo da liña costeira, co océano sempre aberto á nosa esquerda. O tramo é chairo e con apenas sombras. A brisa mariña suavizará os rigores do sol no verán.

A Guarda- Portecelo

  • Lonxitude 10,5 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 2h 05min

A entrada a Galicia pola costa empeza na Pasaxe (A Guarda). Despedimos Portugal en Caminha. A Guarda creceu na aba do impoñente castro de Santa Tegra, principal valor turístico e histórico desta localidade. É o máis emblemático e visitado dos poboados galaico-romanos galegos e foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional no ano 1931. Ademais, en varias das pedras do monte hai petróglifos elaborados ata 2000 anos antes da ocupación do castro. Santa Tegra tivo unha ocupación continuada entre os séculos I a. C. e I d. C.

Desde o alto, sorprenderanos unha magnífica panorámica da desembocadura do Miño. O estuario que forman os últimos metros do maior dos ríos galegos é especialmente atractivo na baixamar e cando se pon o sol, con xuncos, corvos mariños e anátidos sobre a marisma.