Camiño Portugués

O culto xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións.

Camiño Portugués:

  • Lonxitude 107,2 Km
  • Dificultade Media-Baixa

Camiño Portugués pola costa:

  • Lonxitude 162,6 Km
  • Dificultade Media-Baixa
Tui, vista desde Portugal

Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia de Portugal. O seu trazado herda vías e camiños antigos, como a Via XIX, construída no século I d.C., que unía Braga con Astorga a través de Ponte de Lima, Tui, PontevedraSantiago e Lugo, unha das calzadas romanas máis importantes, pois vertebrou a Gallaecia. Unha variante deste Camiño pola costa cruza o río Miño pola Guarda e, sempre pegada ao mar, conflúe coa variante interior en Redondela.

O culto xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións. Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia de Portugal, a mediados da centuria.

Trazado da ruta e recursos de interese

Desde o século XII, o fluír dos peregrinos cara ao norte da Península Ibérica foi establecendo conexións non só espirituais, senón tamén culturais e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca puideron crebar.

Desde o século XII, o fluír dos peregrinos cara ao norte da Península Ibérica foi establecendo conexións non só espirituais, senón tamén culturais e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca puideron crebar. O exemplo de reis, nobres e altos clérigos contribuíu decisivamente a asentar unha gran devoción xacobea, como a soada peregrinación de dona Isabel de Portugal, a Raíña Santa, no século XIV, que ofrece ante o altar de Santiago a súa coroa e que será enterrada en Coimbra cun bordón de peregrina. Outro exemplo é o do rei portugués Manuel I, que peregrina desde Lisboa a Santiago en 1502, e que ordena como recordo da súa estancia en Compostela que unha lámpada alume día e noite o templo santiagués, para o que asignará unha renda anual.

Foi tal o sinal en terras lusas do fenómeno xacobeo que a propia rede viaria de Portugal se configuraría así, de sur a norte, pasando polos lugares que o Camiño Portugués ía fixando cara a Galicia: Lisboa, Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima e Valença do Minho, onde o itinerario cruza o río Miño e entra en Galicia.

No século XIX, o de menor afluencia das peregrinacións —por mor dos novos tempos marcados pola Revolución Francesa e a invasión de España polas tropas napoleónicas—, o Camiño Portugués converteuse, non obstante, na vía xacobea máis activa. Nesa centuria, máis do 80 % dos peregrinos estranxeiros foron portugueses.