Camiño de Inverno

Etapa: Quiroga-Monforte de Lemos

  • Lonxitude 35,2 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 7h 00min

O río Lor, que baixa cristalino desde a Serra do Courel, regálanos o seu avance serpeante, encaixado no val. Cruzámolo por unha magnífica ponte medieval, ata entrar en Monforte de Lemos. Estamos en plena Ribeira Sacra, arte e natureza nun territorio recoñecido en 2003 polo Consello de Europa como Itinerario de Interese.

 

Quiroga- Nocedo

  • Lonxitude 4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 50min

Saímos de Quiroga pola marxe dereita do Sil. Pasamos polo núcleo de Espandariz (estrada N-120) e polo Pontido. Cruzamos San Lourenzo de Nocedo. A ruta continúa por tramos da estrada provincial LU-933.

Nocedo- Carballo de Lor

  • Lonxitude 9,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 50min

Chegamos á ermida dos Remedios e imos descendendo xunto ao curso do río Lor, a través do núcleo do Carballo de Lor. O río, que baixa cristalino desde a Serra do Courel, regálanos o seu avance serpeante, encaixado no val. Cruzámolo por unha magnífica ponte medieval.

Nocedo - Carballo de Lor