Camiño de Inverno

Etapa: O Barco de Valdeorras-A Rúa

  • Lonxitude 13,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 3h 25min

Seguimos camiño entre a vía férrea e o maxestoso río Sil en dirección á Rúa, e continuaremos por extensas rectas que circundan o encoro de Valencia. A comarca de Valdeorras é coñecida polas súas adegas, escavadas moitas delas en covas de orixe romana.

O Barco de Valdeorras- Vilamartín de Valdeorras

  • Lonxitude 7,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 50min

 Saímos do Barco pola antiga estrada en dirección á Pobra, entre a N-120 e o río Sil. Logo continuamos cara a Arcos. Debemos cruzar a vía do ferrocarril por un paso elevado e entramos xa en Vilamartín de Valdeorras. Aquí atravesamos a antiga ponte da Rodeleira, sobre un arroio semioculto. Seguindo o curso do río, continuamos polo dique de Vilamartín.

Esta vila, situada no val central da comarca de Valdeorras, conta con numerosas covas escavadas nas súas ladeiras e sobre as que se levantaron as casas. Moitas son restos de escavacións romanas de extracción de ouro que hoxe se converteron en adegas. A comezos de agosto, Vilamartín de Valdeorras celebra a Festa das Covas, con visitas guiadas, música e degustación de diversos productos.

 

O Barco de Valdeorras - Vilamartín de Valdeorras

Vilamartín de Valdeorras- A Rúa

  • Lonxitude 6,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 35min

Seguimos camiño entre a vía férrea e o río cara á Rúa, a través de longas rectas que pasan polo encoro de Valencia, sobre o río Sil. Tras un pequeno treito alcánzase a antiga estrada N-536. Desde aquí contemplamos unha fermosa panorámica do val desta comarca valdeorresa, e as primeiras vistas da próxima vila, A Rúa. Entramos nela polo barrio de San Roque, cunha bonita ermida á nosa esquerda, ata internarnos no barrio vello. Á beira do Sil agárdanos ademais o relax do seu dique.

Vilamartín de Valdeorras - A Rúa