Camiño de Inverno

Etapa: Monforte de Lemos-Chantada

  • Lonxitude 30,9 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 7h 20min

Continuamos inmersos en plena comarca da Ribeira Sacra, entre mosteiros, viñedos e paisaxes cheas de forza e encanto. Chegamos á Vide e logo á Lagoa, Campos e Pacios. En época de choivas son frecuentes as inundacións ao principio desta etapa, con tramos completamente chairos.

Monforte de Lemos- Moreda

  • Lonxitude 7,1 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 1h 40min

Saímos de Monforte pola ponte medieval, o Campo de San Antonio e a antiga rúa Abeledos. Alternamos tramos de estrada (a LU-P-3204) con camiños. Chegamos á Vide e logo á Lagoa, Campos e Pacios. En época de choivas son frecuentes as inundacións en parte destes tramos, completamente chairos. A continuación, alcanzamos Moreda.

Monforte de Lemos - Moreda

Moreda- O Reguengo

  • Lonxitude 2,1 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 30min

Despois de Moreda, cuxo castro se eleva á dereita, entramos no municipio de Pantón. No Reguengo sorpréndenos o seu magnífico pazo e, en Castrotañe, as pedras do camiño, quizais procedentes dunha calzada romana.