Camiño de Inverno

Etapa: Chantada-Rodeiro

  • Lonxitude 25,7 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 6h 05min

Fermosos hórreos, petos de ánimas e cruceiros sáennos ao paso camiño de Centulle e San Xurxo de Asma, xunto a magníficos exemplares de carballos e castiñeiros.

Chantada- Centulle

  • Lonxitude 1,6 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 20min

Saímos de Chantada desde a praza de Santa Ana, subimos pola rúa Uxío Novoneyra e seguimos a estrada LU-P-180. Belos hórreos, petos de ánimas e cruceiros sáennos ao paso camiño de Centulle e San Xurxo de Asma, xunto a magníficos exemplares de carballos e castiñeiros. Cruzamos A Lucenza, e logo Vilaseco e Penasillás. Ante nós, o cume do monte Faro.

Centulle- Ermita de A Nosa Señora do Faro

  • Lonxitude 11,3 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 2h 40min

Na subida ao monte (4,8 km de duro ascenso desde Penasillás) pasamos por Chao de Seixas. Un desvío á esquerda lévanos —a través dun via crucis que se coñece como “Camiño da Virxe”— á célebre ermida da Nosa Señora do Faro. Estamos a máis de 1.100 m de altitude. A vista desde aquí é única, pois abrangue paisaxes das catro provincias galegas.

Se queremos evitar a ascensión ao monte Faro, ao chegar a Penasillás temos unha alternativa que pasa por Mouricios e San Vicente. É un camiño máis curto e en inverno evitaremos a neve.

 

Centulle - Ermida da Nosa Señora do Faro