Camiño de Inverno

Etapa: As Médulas-O Barco de Valdeorras

  • Lonxitude 26 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 6h 35min

A nosa ruta comeza nunha paisaxe de espectaculares formas e cores, as Médulas, que fan fronteira con Galicia. Seguimos o río Sil e podemos atravesar a serra da Lastra, un aciñeiral único declarado Parque Natural. Será unha etapa de 26 km ata O Barco de Valdeorras.

 

As Médulas- Puente de Domingo Flórez

  • Lonxitude 7,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 00min

A nosa ruta comeza nunha paisaxe de espectaculares formas e cores: As Médulas, restos dunha grande explotación de ouro dos romanos, declaradas hoxe Patrimonio da Humanidade. Atopámonos na comarca do Bierzo (León), fronteira con Galicia pola provincia de Ourense. Continuamos polo coñecido como Camiño Real cara a Puente de Domingo Flórez, aínda na provincia de León.

As Médulas - Puente de Domingo Flórez

Puente de Domingo Flórez- Sobradelo

  • Lonxitude 10,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 35min

O suave ascenso ata o alto de Pedrices brindaranos unha magnífica panorámica da contorna das Médulas, que deixamos atrás. A chegada a esta última vila leonesa culmina cunha baixada pronunciada, de atractivas paisaxes e agradable soidade. Entramos ao núcleo pola rúa Real e dirixímonos á praza central. das Á saída de Puente de Domingo Flórez cruzaremos o río Sil en dirección a Quereño. Atravesamos esta vila e seguimos cara a Galicia pola marxe dereita do río Sil, un tramo que nos levará por Pumares —xa no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras— e Sobradelo.

Puente de Domingo Flórez - Sobradelo