Camiño de Inverno

Etapa: A Rúa-Quiroga

  • Lonxitude 26,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 6h 40min

As vistas do río Sil seguen sendo unha fermosa constante nestes tramos. E os campos de oliveirais, figueiras e nogueiras.

 

A Rúa- Os Albaredos

  • Lonxitude 6,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 45min

Saímos da vila da Rúa pola estrada vella, a N-533. Seguimos o trazado dunha antiga calzada romana. O primeiro núcleo é a aldea dos Albaredos, xa na provincia de Lugo.

Os Albaredos- Montefurado

  • Lonxitude 2,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 45min

Baixamos ao río por un camiño de terra e axiña alcanzamos a vila de Montefurado, famosa polo seu túnel furado na roca, unha das obras de enxeñería romana máis grandiosas da Península Ibérica.

Atravesamos a vila de Montefurado, pasando pola súa igrexa de San Miguel, e chegamos ao Ermidón. As vistas ao río Sil seguen sendo unha fermosa constante nestes tramos, así como os campos de oliveirais, figueiras e nogueiras. Os seguintes destinos son as aldeas da Venda Vella e A Venda Nova —restos de vivendas que foron venda— e a Capela das Farrapas —en referencia aos farrapos dos que debían desposuírse os camiñantes—.

Un quilómetro máis arriba está Bendilló.

 

Os Albaredos - Montefurado