Camiño Inglés

Etapa: Sigüeiro - Santiago de Compostela

  • Lonxitude 16,6 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 3h 20min

Penetramos no municipio de Santiago a través do barrio de Meixonfrío, lugar onde existiu unha venda na que se refrescaban peregrinos e viaxeiros. Moi preto atópase o Cruceiro da Coruña, en cuxas proximidades se alzaba un castro prerromano.

Sigüeiro- A Barciela

  • Lonxitude 0,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 10min

Tras pasar a ponte de Sigüeiro entramos no municipio de Santiago. Debemos situarnos na parte dereita da estrada e avanzar por un carreiro de terra paralelo a ela.

 

A Barciela- Santiago de Compostela

  • Lonxitude 15,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 3h 10min

Chegaremos á igrexa da Barciela para continuar ata a denominada Fonte do Inglés. Deixamos atrás o parque empresarial do Tambre (principal viveiro de industrias da capital galega) e debemos camiñar pola Vía Galileo e a Rúa do Tambre. A ruta chega ao barrio de Meixonfrío, lugar onde existiu unha venda na que se refrescaban peregrinos e viaxeiros. Moi preto atópase o Cruceiro da Coruña, en cuxas proximidades se alzaba un castro prerromano.

O itinerario entra, camiño abaixo, no centro urbano de Santiago. Pasamos ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano, e ante o Monumento ao Peregrino. Continuamos polas rúas da Pastoriza, Basquiños e Santa Clara. Deixamos o convento de Santa Clara e continuamos pola Rúa Loureiros ata a Porta da Pena, unha das entradas á cidade cando estaba amurallada, do século XII ao XIX. Pouco despois entramos na Praza de San Martiño Pinario, logo na Rúa da Troia —onde está a famosa pensión de estudantes— e, finalmente, na Rúa da Acibechería, que nos sitúa ante a fachada norte da catedral de Santiago.

A Barciela - Santiago de Compostela