Camiño Inglés

Etapa: Neda - Miño

  • Lonxitude 22,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 35min

Miño é unha acolledora vila costeira que nos meses do verán incrementa notablemente a súa poboación. Próximo ao mar sitúase o albergue de peregrinos.

Neda- Fene

  • Lonxitude 3,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 50min

Deixamos atrás Neda para continuar polo Regueiro, O Puntal de Arriba e Conces, ata entrar en Fene, municipio industrial que se fixo famoso por acoller os estaleiros de Astano, o acrónimo de Astilleros y Talleres del Noroeste. O seu enorme guindastre personalizou a paisaxe desta comarca.

Fene- Cabanas

  • Lonxitude 8,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 05min

Saímos da vila e a ruta enlaza co Camiño Real. Rodeamos o parque empresarial de Vilar do Colo e internámonos en Cabanas. Un desvío lévanos a un vello muíño e á igrexa de San Martiño de Porto.