Camiño Inglés

Etapa: Miño - Bruma

  • Lonxitude 38,7 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 9h 10min

Camiñamos por terreo chan antes de baixar a Betanzos, nun tramo con boas panorámicas da ría de Betanzos e das súas marismas.

Miño- Betanzos

  • Lonxitude 11 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 2h 35min

Deixamos Miño pola Rúa Real ata a estación de ferrocarril. Cruzamos a vía e chegamos á Ponte do Porco, para logo internarnos nunha zona de monte ata o pazo de Montecelo e a igrexa de San Pantaleón das Viñas. Descendemos e logo volvemos ascender en dirección a Matacabalos. Camiñamos por terreo chan antes de baixar a Betanzos, nun tramo con boas panorámicas da ría e das súas marismas. Pasamos pola aldea de Gas e, máis adiante, A Rúa, San Martiño de Tiobre e o pazo do Barral. Continuamos en descenso ata O Sabugueiro e logo ata o santuario da Nosa Señora do Camiño. Cruzamos o río Mandeo pola Ponte Vella e entramos en Betanzos polo arco da Ponte Vella, resto da muralla medieval.

Betanzos- Leiro

  • Lonxitude 14,4 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 3h 25min

Betanzos foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia e hoxe presenta un dos conxuntos histórico-artísticos máis monumentais da comunidade. Pola Rúa Prateiros chegaremos á Praza central dos Irmáns García Naveira. Saímos pola ponte das Cascas e pasamos polo Coto, Campoeiro e Xanrozo, para entrar no municipio de Abegondo.