Camiño Inglés

Etapa: Bruma - Sigüeiro

  • Lonxitude 24,1 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 6h 05min

O Camiño discorre por montes, bosques autóctonos e cruceiros que van guiando o paso. Axiña alcanzamos o lugar da Rúa, onde se alza a igrexa de San Paio de Buscás.

Bruma- A Calle

  • Lonxitude 11,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 55min

Desde a capela de Bruma, o Camiño diríxenos ao municipio de Ordes. Pasa polo Seixo, a aldea de Cabeza de Lobo, na parroquia de Ardemil, e polos lugares da Carreira, As Mámoas e A Carballeira. Discorre por montes, bosques autóctonos e cruceiros que van guiando o paso. Axiña alcanzamos o lugar da Rúa, onde se alza a igrexa de San Paio de Buscás. Un camiño de terra lévanos ao muíño de Trabe e á ponte do Cubo para continuar ata Outeiro de Abaixo. Ao acubillo das árbores dirixímonos á igrexa da Virxe da Mercé de San Xulián de Poulo, en Outeiro de Arriba. Alternamos tramos de terra e asfalto. Pasamos pola Senra e A Calle. Aquí, unha placa colocada nunha vivenda do século XVI lembra o paso de Filipe, II en 1554.

A Calle- Sigüeiro

  • Lonxitude 12,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 3h 10min

Chegamos ao Carballo e Casanova. O terreo adoita estar alagado no inverno pola acción dos numerosos mananciais. Podemos abandonar o camiño polos campos laterais ata atopar unha estrada asfaltada xunto á ponte de Pereira. Cruzamos esta ponte, introducímonos no bosque e alcanzamos Os Carrás. Continuamos ata o lugar de Baxoia e chegamos a Sigüeiro, vila de orixe medieval (século XII) e capital do municipio de Oroso. Continuamos pola Rúa Real e desembocamos na histórica ponte sobre o río Tambre.