Camiño Francés

Etapa: Triacastela - Sarria (por Samos)

  • Lonxitude 25,1 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 4h 40min

Desde Triacastela, pasando por San Xil, o camiño discorre rumbo a Sarria a través dunha cadea de pequenas localidades de tradición xacobea, como A Balsa, Montán, Pintín, Calvor e San Mamede do Camiño.

A variante de Samos desvíase cara ao sur pola contorna do río Sarria, e ofrece fermosas paisaxes e numerosos exemplos da arquitectura popular galega. Diríxese ao Mosteiro de Samos, un dos máis antigos de Occidente (século VI).

Triacastela- San Cristovo do Real

  • Lonxitude 4,3 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 45min

Déixase á man esquerda o Concello e o Monumento ao Peregrino e báixase á estrada cruzando unha ponte sobre o río Sarria.

Continúase logo pola estrada xeral e pásase un merendeiro e unha área recreativa á beira do río, ata chegar a San Cristovo do Real onde, xusto á entrada da vila, hai que tomar un desvío sinalizado á dereita, que descende cara á parte inferior da vila, xunto ao río.

Triacastela - San Cristovo do Real

San Cristovo do Real- Samos

  • Lonxitude 5,6 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 10min

Deixando a igrexa de San Cristovo á man esquerda, a ruta cruza o Sarria por dúas pontiñas, unha delas con lavadoiro. Continúa e deixa o cemiterio á esquerda, para logo tomar un camiño á dereita que discorre entre frondosos castiñeiros.

Unha vez pasados Renche, Lastres e Freituxe, onde hai un merendeiro, chégase a San Martiño do Real e, despois dunha serie de baixadas pronunciadas, estamos en Samos, onde ademais do espectacular mosteiro se poden atopar todos os servizos que necesita o peregrino.

San Cristovo do Real - Samos