Camiño Francés

Etapa: Palas de Rei - Melide

  • Lonxitude 14,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 3h 40min

O camiño continúa recollido pola frondosidade dos bosques e aberto á sorpresa dos seus monumentos, coma o castelo de Pambre ou o centro histórico de Melide. Estamos na comarca da Ulloa, inmortalizada pola escritora Emilia Pardo Bazán na súa soada novela Los pazos de Ulloa (1886).

Palas de Rei- San Xiao do Camiño

  • Lonxitude 3,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 55min

O Camiño Francés abandona Palas de Rei polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontro de peregrinos.

Cruza a estrada xeral ata entrar nun camiño que conduce ata O Carballal e logo a San Xiao do Camiño, bonita vila cunha igrexa e un cruceiro de interese.

Palas de Rei - San Xiao do Camiño

San Xiao do Camiño- O Leboreiro

  • Lonxitude 5,7 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 25min

Tras unha serie de baixadas e subidas chégase ata A Ponte Campaña e, posteriormente, a Casanova.

Séguese o camiño ata cambiar de provincia. Lugo queda atrás e entramos na Coruña polo Coto, para ir baixando ata O Leboreiro.

San Xiao do Camiño - O Leboreiro