Camiño Francés

Etapa: O Cebreiro-Triacastela

  • Lonxitude 21,8 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 4h 25min

O tramo galego do Camiño Francés comeza no Cebreiro, unha aldea de orixe prehistórica situada a 1.300 m de altitude, entre as serras do Courel e Os Ancares..

O Cebreiro- Liñares

  • Lonxitude 4,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 55min

Desde o albergue do Cebreiro pódense tomar dúas rutas, un sendeiro que sae desde a mesma porta cara arriba á dereita, ou ben o camiño orixinal, baixando ata a estrada xeral e seguindo por ela ata Liñares (uns 3 km).

 

Liñares- Hospital da Condesa

  • Lonxitude 2,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 30min

Unha vez en Liñares, cóllese a ruta sinalizada cara á esquerda, subindo entre as casas ata a igrexa románica. Hai que tomar despois o primeiro sendeiro pedregoso sinalizado cara á esquerda e comezar a ascender sobre Os Ancares. Despois dunha serie de subidas e baixadas pronunciadas, chégase ao alto de San Roque (1.270 metros), onde se atopa unha estatua dun peregrino outeando o val.

Desde este punto, os sinais conducen en paralelo á estrada ata Hospital da Condesa. A entrada no poboado realízase pola esquerda, e séguese logo polo desvío da dereita. Na vila, da que destaca a súa calzada de pedra, hai un albergue.

Liñares - Hospital da Condesa