Camiño de Fisterra-Muxía

Etapa: Olveiroa - Corcubión

  • Lonxitude 20,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 4h 25min

Un impresionante río Xallas preside o inicio desta etapa. Antes de alcanzar a ría de Corcubión, a ruta condúcenos polas inmediacións do santuario da Nosa Señora das Neves e o alto do Cruceiro da Armada.

Olveiroa- Hospital

  • Lonxitude 4,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 15min

Saímos de Olveiroa contemplando un impresionante río Xallas que flúe encaixado entre unha frondosa vexetación. Cruzamos o río Hospital, entramos no Logoso e logo na aldea de Hospital, un lugar que contou cun modesto hospital para peregrinos, hoxe desaparecido. Pouco despois aparece a rotonda que bifurca os camiños a Fisterra e Muxía.

Hospital- O Cruceiro da Armada

  • Lonxitude 11,1 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 2h 15min

A ruta condúcenos polas inmediacións do santuario da Nosa Señora das Neves, o monte de Ousado e a ermida de San Pedro Mártir, na parroquia da Pereiriña. Xa no alto do Cruceiro da Armada (247 m) contemplamos de lonxe, pero por vez primeira, o cabo Fisterra.

 

Hospital - O Cruceiro da Armada