Camiño de Fisterra-Muxía

Etapa: Lires - Muxía

  • Lonxitude 15,3 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 3h 50min

Culminamos a etapa ata Muxía sempre acompañados polo mar e por praias impoñentes, co santuario da Virxe da Barca como meta.

Lires- Facho de Lourido

  • Lonxitude 11,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 55min

Cruzamos o río Castro á saída de Lires e entramos no termo municipal de Muxía. Alcanzamos Vaosilveiro, Frixe e Morquintián, con tramos de asfalto entre outros de camiños rurais.

Un último esforzo antes de chegar a Muxía represéntao o ascenso ao alto das Aferroas (289 m) e o monte Facho de Lourido.

Lires - Facho de Lourido

Facho de Lourido- Muxía

  • Lonxitude 3 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 45min

Tras eles chegamos á aldea de Xurarantes e bordeamos a praia de Lourido. Estamos xa nas inmediacións da vila mariñeira de Muxía.

Entramos nela polas rúas Campo das Pinas, Os Malatos e Enfesto. O noso obxectivo será a visita ao santuario da Virxe da Barca.

Facho de Lourido - Muxía