Camiño do Sueste-Vía da Prata

Etapa: Vilar de Barrio - Ourense (por Laza)

  • Lonxitude 25 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 50min

A ruta segue ata Bobadela e Cima de Vila, antes de entrar en Xunqueira de Ambía, importante centro espiritual en tempos medievais.

Vilar de Barrio- Padroso

  • Lonxitude 9,6 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 55min

O camiño continúa ata Vilar de Gomareite. Desde aquí leva o nome de Verea de Santiago. É cómodo, ancho, e combina o pavimento de pedra con zonas ás veces alagadas no inverno e na primavera. A ruta segue ata Bobadela e Cima de Vila, antes de entrar en Xunqueira de Ambía, importante centro espiritual en tempos medievais.

Vilar de Barrio - Padroso

Padroso- Xunqueira de Ambía

  • Lonxitude 4,3 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 05min

Alcanzamos o municipio de Xunqueira de Ambía. Pasamos pola parroquia de Sobradelo e cruzamos a Vía Romana XVIII ou Vía Nova, que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), e na que hoxe sorprenden os miliarios romanos conservados, que sinalizaban a distancia en millas romanas (1 milla=1.480 metros).

Padroso - Xunqueira de Ambía