Camiño do Sueste-Vía da Prata

Etapa: Outeiro - Santiago de Compostela

  • Lonxitude 16,6 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 3h 20min

Estamos agora no municipio de Boqueixón. Un desvío conduce ao mítico Pico Sacro, que, cos seus máis de cincocentos metros de altura, preside as paisaxes da contorna.

Outeiro- Rubial

  • Lonxitude 4,3 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 05min

Imos abandonando o concello de Vedra. Atrás, en San Pedro de Vilanova, moi preto da ruta, quedou a casa dun famoso santiaguista, o historiador Antonio López Ferreiro (1837-1910). Pouco despois pasamos por Rubial.

Rubial- Santiago de Compostela

  • Lonxitude 12,3 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 2h 15min

Estamos agora no municipio de Boqueixón. Un desvío conduce ao Pico Sacro que, cos seus máis de cincocentos metros de altura, preside as paisaxes da contorna. Este monte está vinculado á tradición da Translatio do corpo do Apóstolo de Iria Flavia a Compostela. Nas súas ladeiras pacerían os touros bravos que os discípulos de Santiago amansaron para que conducisen o corpo santo ata o seu sepulcro.

Queda atrás Rubial e Deseiro de Arriba, e a ruta chega ao municipio de Santiago a través da localidade da Susana, logo regresa uns metros a Vedra, para entrar xa en Compostela polo barrio do Sar.

Tras pasar a ponte sobre o río Sar hai que facer un último esforzo: a dura subida pola Rúa do Sar e a Rúa do Castrón Douro. Ao culminala, á dereita, pasamos baixo o arco da Porta de Mazarelos, a única porta en pé da antiga muralla medieval. Os últimos pasos darémolos pola Praza da Universidade, Rúa da CaldeireríaPraza das Praterías e Praza do Obradoiro. A viaxe rematou.

Rubial - Santiago de Compostela