Camiño do Sueste-Vía da Prata

Etapa: Laza - Vilar de Barrio (por Laza)

  • Lonxitude 19 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 4h 10min

A frecha amarela indica o paso por Soutelo Verde, Tamicelas e, tras unha forte subida, alcanzamos A Alberguería.

Laza- Tamicelas

  • Lonxitude 6,4 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 15min

O peregrino debe remontar o curso do río Támega. A frecha amarela indica o paso por Soutelo Verde e Tamicelas.

Tamicelas- A Alberguería

  • Lonxitude 5,3 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 1h 05min

Tras unha forte subida, alcanzamos A Alberguería. En Santa María da Alberguería houbo pousada para viaxeiros, ademais dun hospital de caridade para peregrinos. A ruta deixa atrás as grandes panorámicas, vai escasa de árbores pero poboada polo deseño multicolor que proporcionan os breixos. Agora ascendemos por unha forte pendente. Sorteamos prados e matogueira, e andamos polas chairas na cima destas terras altas, ao pé do Alto de Paradiña e do monte Talariño. Axiña alcanzamos o municipio de Sarreaus e o cruzamento das parroquias de Paradiña e Codosedo; nesta última pasamos polo lugar do Veredo, claro topónimo camiñeiro.

En Sarreaus nace o famoso río Limia, o río Leteo ou “río do esquecemento” para os gregos, que cruzaría o xeneral romano Décimo Xuño Bruto.

Tamicelas - A Alberguería