Camiño do Sueste-Vía da Prata

Etapa: A Gudiña - Laza

  • Lonxitude 34,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 7h 50min

Deixamos atrás a localidade da Gudiña e tomamos a Verea Vella ou Verea Sur, senda que atravesa as impresionantes paisaxes da Serra Seca.

A Gudiña- Campobecerros

  • Lonxitude 19,8 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 4h 45min

Deixamos atrás a localidade da Gudiña e tomamos a Verea Vella ou Verea Sur, senda que atravesa as impresionantes paisaxes da Serra Seca. No século XVI, chamábaselle a este itinerario Camiño Francés e Camiño Real. Pasamos pola Venda do Espiño e pola Venda da Teresa, e transitamos por paisaxes impoñentes, a máis de mil metros de altura (o Alto de Picaños está a 1.104 m). Nun territorio de aldeas semiabandonadas, sáennos máis vendas ao paso, como A Venda da Capela e A Venda do Bolaño, esta cunha fermosa vista do monte da Urdiñeira, antigo castro prerromano.

Á nosa dereita, esténdese o encoro das Portas, que detén as augas do río Camba, afluente do Bibei, e que ofrece paisaxes espectaculares. E, máis ao norte, temos o parque natural do Invernadoiro, no municipio de Vilariño de Conso.

A Serra Seca conclúe en Santiago de Campobecerros, municipio de Castrelo do Val. Esta parroquia pertenceu á encomenda santiaguista de San Marcos de León.

 

A Gudiña - Campobecerros

Campobecerros- Porto Camba

  • Lonxitude 3,5 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 50min

Aquí, a ruta, a Verea Vella, intérnase en Portocamba e nun val de montaña da Serra de San Mamede que pertenceu ao señorío monástico de Montederramo.

Campobecerros - Porto Camba