Camiño do Norte

Etapa: Santiago da Ría de Abres-Lourenzá

  • Lonxitude 24,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 6h 10min

Existe unha etapa alternativa a Ribadeo-Lourenzá que, procedente de Castropol e Vegadeo, rodea a zona baixa do río Eo e entra en Galicia por Santiago da Ría de Abres (concello de Trabada), xa na provincia de Lugo. Continúa polo máis fondo do val, pasando por lugares como As Lóngaras,     O Porto de Malle e A Trapa, ata enlazar co camiño vello de Lourenzá e alcanzar a capela de San Marcos da Cadeira, próxima a Vilanova de Lourenzá.

Desde aquí, camiño de Mondoñedo, conflúe coa etapa Vilanova de Lourenzá-Abadín.

Santiago da Ría de Abres- Trabada

  • Lonxitude 11,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 50min

Existe unha alternativa a este tramo Ribadeo-Lourenzá, unha variante que transcorre pola zona baixa do río Eo e atravesa os municipios de Castropol, Vegadeo e Santiago de Abres (todos eles, asturianos) e Trabada, xa na provincia de Lugo. Continúa polo máis profundo do val —pasando por lugares como As Lóngaras, O Porto do Malle ou A Trapa—, ata enlazar co Camiño Vello de Lourenzá e alcanzar a capela de San Marcos da Cadeira, próxima a Vilanova de Lourenzá.

Trabada- Lourenzá

  • Lonxitude 13,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 3h 20min