Camiño do Norte

Etapa: Ribadeo-Vilanova de Lourenzá

  • Lonxitude 28,8 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 6h 45min

Partimos da histórica vila e porto de Ribadeo. De nobre pasado, alzada sobre unha atalaia natural e divisando a ría, conserva un interesante conxunto arquitectónico medieval e moderno. O Camiño continúa por unha vella ruta, quizais romana ou tardorromana, ata o final desta etapa, en Lourenzá.

Ribadeo- Vilela

  • Lonxitude 7,5 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 1h 45min

O primeiro núcleo despois de Ribadeo é Ove. A continuación, o Camiño pasa por Covelas e, tras unha pendente, alcanza Vilela. Lugares, todos eles, nos que se capta facilmente o sabor dunha vida tradicional.

Vilela- A Ponte

  • Lonxitude 8,2 Km
  • Dificultade Alta
  • Duración estimada 1h 55min

Deixamos atrás Vilela para pasar polos lugares de Celeiros e O Vilar. Chegamos á parroquia de San Pedro de Arante alí atópase a capela da Nosa Señora das Virtudes, do século XV, onde houbo un hospital de peregrinos desde o século XVI.