Camiño do Norte

Etapa: Abadín-Vilalba

  • Lonxitude 20,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 10min

A configuración do terreo lévanos a transitar por humidais, coma o que aparece despois das Chouzas, e tamén a ver sedutores exemplos de arquitectura popular e relixiosa; casaríos, cruceiros ou lavadoiros de pedra sáennos ao camiño.

Abadín- Martiñán

  • Lonxitude 8,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 15min

Etapa de 20 km totalmente chaira. Camiñamos, como dixemos na etapa anterior, pola comarca da Terra Chá, unha vasta planicie (a maior de Galicia xunto coa comarca da Limia, en Ourense) que abarca varios municipios da provincia de Lugo. Este territorio, xunto coa zona alta do río Miño, foi declarado en 2003 pola UNESCO Reserva da Biosfera, co nome de Terras do Miño.

A partir de Abadín, a ruta discorre polas parroquias de San Xoán de Castromaior e San Bartolomeu de Corvelle, xa no municipio de Vilalba. A continuación cruzamos primeiro o río Arnela por unha ponte medieval; en Pontevella sorpréndenos outra ponte medieval, magnífica, de tres arcos, sobre o río Batán. Estamos en Martiñán.

Martiñán- Goiriz

  • Lonxitude 6,3 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 35min

Deixamos Martiñán e alcanzamos Goiriz. A configuración do terreo lévanos a transitar por humidais, coma o que aparece despois das Chouzas. Tamén podemos ver sedutores exemplos de arquitectura popular e relixiosa; casaríos, cruceiros ou lavadoiros de pedra sáennos ao camiño.