A credencial é o pasaporte do peregrino que debe ser selado en cada etapa. E a Compostela é o documento que acredita o remate da nosa peregrinación.
É o novo lugar de benvida ao peregrino na meta de Santiago. Situado na Rúa Carretas, nº 33, a poucos metros da Praza do Obradoiro, nel concéntranse todos os servizos de atención aos peregrinos, como a Oficina do Peregrino, onde se obtén a Compostela.
No ano 2015, a Xunta de Galicia, o Goberno de España e as deputacións galegas crearon unha Comisión de Seguridade Viaria do Camiño de Santiago. Ten como finalidade mellorar e asegurar a tranquilidade da peregrinación nas nove rutas que chegan a Compostela.
Ofrecemos un rápido directorio de enderezos e contactos de interese, indicamos os principais espazos web onde lograr información e o contacto de transportes públicos e teléfonos de emerxencia. O 112 é o número unificado de emerxencias de Galicia.
O Servizo Galego de Saúde conta cun sistema de busca a través da súa páxina web, onde podemos localizar os hospitais, os centros de saúde e as farmacias de calquera municipio de Galicia no que nos atopemos. Con información de contacto, horarios, gardas, etc.
Contacto con todos os municipios de Galicia a través do buscador da Federación Galega de Municipios e Provincias. E recomendacións de Protección Civil ante casos de emerxencia, temporais, nevadas, incendios, ondas de calor e outros.
Propoñémosvos diferentes utilidades e servizos que vos ofrezan información de albergues e outros lugares de aloxamento, como casas rurais, puntos de interese ou establecementos nos que poder gozar da gastronomía local, que vos faciliten a viaxe.
Seguide os consellos desta guía, pepare o seu Camiño con antelación, e aplique as medidas de autoprotección axeitadas para cada situación.
Esta guía foi elaborada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior coa colaboración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
A credencial do peregrino
Especie de pasaporte que debe ser selado en cada etapa da ruta
Na Oficina do Peregrino, en confrarías e asociacións e en albergues ou parroquias
É o documento que proba que se rematou a peregrinación a Compostela