Orixes e evolución
Ao redor do ano 820 prodúcese o achado da tumba de Santiago o Maior e, inmediatamente, a creación do lugar sacro para venerar os seus restos. Hoxe, doce séculos despois, a peregrinación constitúe unha experiencia única fronte a un mundo globalizado.
O fenómeno das peregrinacións axiña se converteu nun destacado eixe espiritual e cultural de Europa, e Santiago nun gran centro de peregrinación, xunto a Roma e Xerusalén. O Camiño foi unha verdadeira “autovía do coñecemento”.
É o códice medieval máis célebre da peregrinación xacobea. Trátase dunha compilación en cinco libros de todos os textos litúrxicos, tradicións xacobeas, milagres e memoria do Camiño de peregrinación, realizada na Compostela do século XII.
En Santiago de Compostela celébrase o ano xubilar cada vez que o 25 de xullo, día de Santiago o Maior, coincide en domingo. Acontece cunha secuencia temporal de seis, cinco, seis e once anos. Inaugúrase coa apertura da Porta Santa a tarde do 31 de decembro do ano anterior.
Un dos maiores símbolos da catedral é o botafumeiro, quizais o maior incensario do mundo. Funciona nas principais solemnidades da catedral e todos os venres do ano (19.30 h.). Por outra banda, a misa do peregrino celébrase no altar maior da catedral todos os días ás 12 horas.